As proxeccións, os coloquios, as actividades infantís e toda a programación do FICBUEU regresan do 6 ao 21 de setembro

9 Xullo 2024

O Festival Internacional de Cinema de Bueu, o FICBUEU, celebrarase este ano entre o 6 e o 21 de setembro. O certame buenense, que cada ano presenta unha coidada selección de curtametraxes de cinema de autora e autor realizadas en todo o mundo, acada a súa décimo sétima edición.

Ademais das proxeccións da sección oficial a concurso ou doutras como ‘Descubertas’ ou ‘GZ_00’, na que pode verse o que están a facer as realizadoras e realizadores máis novas, o FICBUEU volverá convidar ao público a participar en coloquios, ou en diferentes actividades relacionadas coa sétima arte.

Volven tamén a música ou a ruta de tapas pola vila mariñeira. Bueu é o centro do Festival. A partir do 16 de setembro, co MINIFIC, volverán as actividades con centros de ensino da zona de Bueu ou a sesión familiar de proxeccións.



Nova imaxe

O Festival xa publicou nas súas canles en redes sociais a súa imaxe para esta décimo sétima edición, moi relacionada coa proposta deste ano para a sección ‘Retrospectiva’, que o FICBUEU vaille adicar a un dos principais creadores de cinema experimental da segunda metade do século XX.

Antes do inicio oficial do Festival, haberá proxeccións na praia. Xa o fixera o ano pasado. A partir do 6 de setembro, volve toda a actividade do FICBUEU.

Está pasando!