Surfing the Lérez 2025 | Beatriz Císcar Fotografía

A illa do Covo prepárase para acoller a edición máis especial do Surfing the Lérez

9 Xuño 2026

O festival Surfing the Lérez, consolidado como unha das citas máis esperadas do panorama musical galego, celebrará esta fin de semana a súa edición máis especial, xa que será a última tras quince anos de traxectoria.

Durante dous días, bandas e artistas como Niños Bravos, Mad Foxes, Grande Amore e The Rapants, entre outros, encherán de música a Illa do Covo, que de novo, contará con zona infantil, mercadiños e diversos espazos gastronómicos.

A organización lembra que o festival con entrada de balde, conta cun caracter solidario co que agarda superar as propias marcas de edicións anteriores. Todo aquel que se achegue até a Illa do Covo para gozar da música pode (e debería) achegar tamén algún tipo de alimento non perecedoiro para ser recollido pola Rede Axuda.

Trátase dunha iniciativa que se vén celebrando ao longo das distintas edicións deste evento e que sempre gozou de moito éxito.

PROGRAMA DO SURFING THE LÉREZ 2026

 VENRES 12 DE XUÑO 

Escenario Sala Karma

  • Mamasunción (17:15 – 18:05)
  • Hofe (20:15 – 21:15)
  • Grande Amore (22:40 – 23:40)
  • Galician Army (01:00 – 02:30)

Escenario Vibra Mahou

  • Queen Rendi (19:15 – 20:05)
  • El Nido (21:30 – 22:30)
  • 9Louro (23:55 – 00:55)

Escenario Romería Club

  • Sergio El Indio (18:30 – 20:00)
  • Elegnelo (20:00 – 21:30)
  • Eme DJ (21:30 – 23:00)
  • DJ Mil (23:00 – 01:00)
  • Maefield (01:00 – 02:30)

Escenario El Chato

  • Gold & Colt (18:00 – 18:50)
  • The Limboos (20:30 – 21:30)
  • Freedonia (23:00 – 00:00)
  • The Twist Connection (01:00 – 02:00)

 SÁBADO 13 DE XUÑO 

Escenario Sala Karma

  • Familia Caamagno (13:25 – 14:30)
  • Dani Cornes (17:00 – 17:50)
  • Niños Bravos (19:00 – 20:00)
  • The Rapants (21:30 – 22:45)
  • Estrogenuinas (00:15 – 01:00)

Escenario Vibra Mahou

  • La Gloria (12:30 – 13:15)
  • Nadie Patín (16:00 – 16:50)
  • Cora Yako (18:00 – 18:50)
  • Colectivo Da Silva (20:30 – 21:20)
  • Camellos (22:55 – 23:55)
  • Señora DJ (01:00 – 02:30)

Escenario Romería Club

  • Eme DJ (14:00 – 16:00)
  • La Yaya DJ (16:00 – 18:00)
  • Carlos Crespo (18:00 – 19:00)
  • Kris K DJ (19:00 – 20:00)
  • Duendeneta Dilleis (20:00 – 21:00)
  • Yago Rivas (21:00 – 23:00)
  • Nida (23:00 – 00:45)
  • Gorlitox (00:45 – 02:30)

Escenario El Chato

  • Balteira (15:00 – 16:00)
  • Alizza (18:00 – 19:00)
  • Mad Foxes (21:00 – 22:00)
  • Portosanto (00:00 – 01:00)
Está pasando!