Día Internacional do Ioga 2026 en Pontevedra

dom21xuñ10:00dom20:30Día Internacional do Ioga 2026 en Pontevedraunha práctica que non entende de idades nin de nivéis10:00 - 20:30 Illa do Covo - Pontevedra

Detalles do Evento

Concello de Pontevedra ven de presentar unha nova edición do evento para conmemorar o Día Internacional do Ioga, unha cita que se celebrará o vindeiro 20 de xuño nos espazos naturais da cidade, concretamente na Illa do Covo.

A xornada contará cun amplo abano de actividades dende as 10:00 da mañá ata as 20:30 da tarde, integrando clases para todos os niveis, charlas, música e gastronomía.

Esta iniciativa cumpre un dobre obxectivo: dunha banda, é unha actividade de benestar social indicada para todos os públicos que axuda a mellorar a calidade de vida; e, doutra, funciona como un motor para a activación do pequeno comercio e do sector na cidade. O evento naceu orixinalmente da proposta da instrutora Myriam Viéitez e do estudo Yoga Flow, con Ela Pereira; e hoxe cada vez a máis profesionais locais.

A xornada está pensada para dar cabida a calquera persoa, dende os máis pequenos con “yoga en familia”, ata adultos con lesións, pouca flexibilidade ou practicantes avanzados. Para elo, habilitaranse dous espazos diferenciados:

  • O Escenario Lúa: Destinado a aulas máis tranquilas e lentas.
  • O Escenario Sol: Para sesións de estilos máis dinámicos e persoas con experiencia previa.

A organización fixo fincapé en que o ioga é moito máis que a práctica física (“asanas”) e busca romper o falso mito de que só consiste en sentar e meditar ou de que non é apto para persoas nerviosas. É, en definitiva, un estilo de vida saudable que engloba o control da mente, as emocións e a mellora de hábitos rutineiros.

Novidades: Charlas, “Food Trucks” e concerto Kirtan

Este ano, como gran novidade, a hora do xantar incluirá unha charla divulgativa para falar sobre o que realmente é o ioga, axudando a eliminar tabús e falsas crenzas. Ademais, fomentarase o espírito de comunidade mediante un gran picnic ao mediodía, no que os asistentes poderán levar a súa propia comida ou gozar dos postos e food trucks que se instalarán no recinto.

A xornada pecharase cun concerto Kirtan, unha actuación na que se cantarán mantras de forma alegre para celebrar a vida.

O evento contará con actividades de forma ininterrompida e habilitará tamén unha zona de mercadiño. Os negocios da cidade relacionados coa saúde e o benestar que desexen participar cun posto aínda poden enviar a súa proposta ao correo electrónico: diayogapontevedra@gmail.com.

Nesta edición participarán ata 12 escolas e profesionais do ioga da cidade, rotando para ofrecer unha mostra representativa do sector local. A participación nas clases, que terán unha duración dunha hora, non require de inscrición previa nin límite de prazas pechado; as persoas interesadas só terán que achegarse ao stand da organización uns 15 minutos antes do inicio de cada aula para dar o seu nome.

A única recomendación é acudir con roupa cómoda e levar unha esteira, aínda que a organización matiza que calquera toalla ou pareo é válido, e que tamén disporán de material para prestar a quen o precise, polo que “non hai escusas” para non participar.

Hora

(Domingo) 10:00 - 20:30

Localización

Illa do Covo

Illa da Xunqueira, s/n, 36005 Pontevedra

Está pasando!