Este venres comeza unha nova edición do Festival de Cine de Terror PANIC da Estrada

16 Xaneiro 2024

O venres 19 de xaneiro ás 22:30 horas, en Minicines Central da Estrada, bota a andar a décima edición do Festival de Cine de Terror PANIC, unha edición dirixida preferentemente ao alumnado dos IES estradenses, organizado e apoiado polas concellerías de Cultura e Sanidade do Concello da Estrada como unha alternativa de ocio saudable para a xente nova.

O programa está complementado cunha exposición pictórica de Manuel Fragoso titulada ’26 Seres vivos’ e por unha sesión de lectura de microrrelatos protagonizada pola escritora Arantza Portabales.

O Concello da Estrada comezará o martes 16 de xaneiro, unha campaña de información nos centros de ensino do municipio, para repartir convites ás películas. Estes poderán ser intercambiados por unha entrada na billeteira ata 15 minutos antes de cada unha das películas.

As invitacións tamén estarán dispoñibles no departamento de Cultura do Concello.

As actividades son de balde ata completar o aforo das salas de cine.



PROGRAMA PANIC 2024

VENRES 19 DE XANEIRO | MARATÓN

  • 22:30-00:10h. ‘Cuando acecha la maldad’. Nunha vila remota, dous irmáns descobren un home infectado por forzas malignas que está a piques de enxendrar o mesmo demo…
  • 00:10-01:40h. ‘Háblame’ (Talk to me). A adolescente solitaria Mia está enganchada á emoción de invocar espíritos, utilizando unha man embalsamada…
  • 01:50-03:35h. ‘Las colinas tienen ojos’. A viaxe dunha familia convértese nun pesadelo terrorífico cando se adentran nunha zona desértica de acceso restrinxido…
  • 03:35-05:10h. ‘Arrástrame al infierno’. Unha anciá decide vingarse dunha prestamista que lle quita a casa, lanzándolle unha maldición que converte a súa vida nun auténtico inferno…

VENRES 26 DE XANEIRO

  • 22:30-00:45h. ‘Terrifier 2’. Despois de ser resucitado por unha entidade sinistra, Art the Clown regresa ao condado de Miles en plena noite de Halloween…

XOVES 1 DE FEBREIRO

  • 20:30h. Casa das Letras. Inauguración da exposición ’26 Seres vivos’ de Manuel Fragoso.

VENRES 2 DE FEBREIRO

  • 20:30h. Casa das Letras. Lectura de microrrelatos de terror, con Arantza Portabales. Modera Pedro Pérez.
  • 22:30-00:40h. ‘Pobres criaturas’. Bella Baxter é unha moza revivida polo científico Dr. Godwin Baxter. Baixo a súa protección, Bella está ansiosa por aprender e “famenta” de novas amizades.

Está pasando!