2ª Proba Liga de Escalada de Promoción en Pontevedra

dom10mai09:29dom18:302ª Proba Liga de Escalada de Promoción en PontevedraClub Aromón e Concello de Pontevedra09:29 - 18:30 Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O vindeiro domingo 10 de maio, o pavillón multiusos da Xunqueira converterase no epicentro da escalada base ao acoller a segunda proba da Liga de Escalada de Promoción, organizada polo Club Aromón en colaboración co Concello de Pontevedra.

O evento contará con 100 nenos e nenas participantes de idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos, un éxito de convocatoria que converte ao Aromón no segundo club con maior participación de Galicia nesta proba. A maioría dos inscritos proveñen das escolas municipais e catro deles xa forman parte do equipo de tecnificación da Federación Galega de Montañismo.

A competición ofrecerá unha xornada continua de espectáculo visual que arrancará ás 9:30 da mañá e estenderase ata as 18:30 horas. Seguindo a exitosa fórmula da edición pasada, as categorías dos máis pequenos (prebenxamíns e benxamíns) disputarán tanto as súas fases previas coma as finais durante a quenda de mañá, concluíndo a súa participación ás 14:00 horas.

Ao mediodía farase un descanso que a organización aproveitará para modificar as vías do rocódromo de cara ás finais, deixando a quenda de tarde en exclusiva para as categorías alevín, infantil e cadete.

Hora

(Domingo) 09:29 - 18:30

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!