Conferencia 'Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso' en Pontevedra

xov03abr19:30Conferencia 'Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso' en PontevedraReal Academia Galega de Belas Artes19:30 Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Día das Artes Galegas homenaxea este ano a Isaac Díaz Pardo, unha das persoas que máis traballou pola cultura galega no século xx, desde unha perspectiva comprometida e con afán transformador.

Xosé Ramón Fandiño, escritor, investigador e membro do padroado do Museo do Pobo Galego, achegarase á súa figura o xoves 3 de abril, ás 19:00 horas, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.



O Día das Artes Galegas foi instituído pola Real Academia Galega de Belas Artes para homenaxear unha figura destacada das nosas artes. En edicións anteriores, as persoas ás que se lles dedicou foron o Mestre Mateo, Castelao, Maruja Mallo, Daniel de la Sota, Luis Seoane, Domingo de Andrade, Laxeiro, Martín Codax e Francisco Asorey.

Para celebrar o Día das Artes Galegas a Real Academia Galega de Belas Artes escolle o 1 de abril de cada ano, en lembranza da mesma xornada do ano 1188, data constatada no epígrafe das limeiras do Pórtico da Gloria e coa que se certifica que aquela é obra dirixida, dende os seus alicerces, polo Mestre Mateo. Cima da Arte Románica, arte europea por excelencia, pórtico que abre a camiños, que fan de Galicia encrucillada de culturas, e que mesmo sintetiza todas as artes. Da cultura, das tradicións, dos saberes dos canteiros e das relacións foi posible o Pórtico da Gloria.

Hora

(Xoves) 19:30

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!