Concerto de Su Garrido Pombo en Redondela

dom21abr12:00Concerto de Su Garrido Pombo en Redondelaciclo musical 'Petiscos en Igualdade' 12:00 Alameda Castelao - Redondela

Detalles do Evento

Susana Garrido Pombo será a encargada de pechar o ciclo musical ‘Petiscos en Igualdade’ organizado polo Concellería de Igualdade de Redondela. O seu concerto, incluído na programación co gallo do 8M, tivera que adiarse por mor da chuvia. A actuación será o domingo 21 de abril a partir das 12.00 horas na Alameda Castelao.

Su Garrido Pombo é unha cantante e compositora galega cun estilo musical que abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin, entre outros.

Un obradoiro sobre coidado emocional pechará o Ciclo de Saúde Feminina en maio

O obradoiro ‘Coidado emocional, desenvolvemento e empoderamento creativo’ pechará o ciclo de saúde feminina o 4 de maio. Esta actividade será impartida pola xestora de recursos humanos Reina D’Hoore. O obxectivo deste obradoiro é “reforzar a confianza e autonomía das mulleres”, explica a concelleira Iria Vilaboa.

A terapeuta abordará coas participantes a xestión emocional centrando a atención nas emocións e os pensamentos, e explorarán o autocoñecemento, analizando as fortalezas e necesidades individuais de cada unha. Falarase da saúde emocional desde unha perspectiva de xénero “e como os roles e estereotipos inflúen no malestar emocional”.

Por último a terapeuta afondará na importancia do “autocoidado e da autoestima”, promovendo estratexias prácticas de valoración persoal e fomentando o apoio mutuo entre as participantes.

O obradoiro, que é de balde, está dirixido a mulleres maiores de 18 anos. Impartirase o sábado 4 de maio de 10.00 a 14.00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Para participar é necesario inscribirse previamente no teléfono 986 40 28 65 ou no enderezo electrónico multiusosredondela@gmail.com

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Alameda Castelao

Alameda Castelao, 36800 Redondela

Está pasando!