Capela de San Tomé de Gondar | Turismo de Sanxenxo

This is a repeating event

Festas de Santo Tomé de Gondar 2025

mér30abrConsultarFestas de Santo Tomé de Gondar 202530 de abril e 1 de maio de 2025(Consultar: mércores) Concello de Sanxenxo - Sanxenxo

Detalles do Evento

O mércores 30 de abril, coincidindo coa véspera de Santo Tomé, celebrarase unha verbena amenizada polas orquestras Fania Branco Show, Unión y Fuerza e sesión disco con DJ.

O xoves 1 de maio a festividade de Santo Tomé dará comezo cunha tirada de bombas e pasacalles co grupo de gaitas Os Cruceiros de Vilalonga e Fanfarria Furruxa. 

Ás 12 horas, celebrarase a misa cantada polo coro parroquial en honra ao patrón e, a continuación, realizarase a tradicional procesión. Tras a celebración litúrxica, haberá sesión vermú con Punto Zero e pulpeiro.

Ás 19 horas, celebrarase o XIV Trofeo Festas Santo Tomé de Gondar que enfrontará a solteiros contra con casados no campo de O Revel.

O recinto da festa estará cuberto por unha gran carpa con pintacaras e inchables para os máis pequenos.


Hora

Consultar (Mércores)

Localización

Concello de Sanxenxo

Está pasando!