Festival 'Festichío!' en Moaña

ven14xuñ18:30Festival 'Festichío!' en Moaña'Rechouchíos'18:30 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

O Servizo de Normalización Lingüística e a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Moaña organizan o ‘Festichío!’, un festival musical coa Fundación Legar, dirixido a público infantil e familiar que pon o ramo ao programa ‘Rechouchíos’ dos meses de maio e xuño de 2024.

O festival terá lugar o vindeiro venres, 14 de xuño, a partir das 18:30 h, no arboredo da Xunqueira (Meira) e os/as máis pequenos/as e a súas familias poderán gozar das actuacións de María Faltri e ‘Os xogos do paporrubio’ para cantar, bailar e xogar.

A entrada é de balde.



‘Rechouchíos’ é un programa de dinamización lectora e lingüística con actividades dirixidas ao público infantil e familiar ao que acoden nenas e nenos, maioritariamente de 3 a 10 anos, segundo o tipo de espectáculo programado nas tardes dos venres.

Utilízanse diferentes espazos públicos, pechados e ao aire libre, e percórrense todas as parroquias de Moaña. O paxariño deseñado por Marc Taeger converteuse na mascota do programa e todas as actividades comezan co berro ideado por María Faltri, unha das colaboradoras do programa: ‘Chio, chio. rechouchío!’

Hora

(Venres) 18:30

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!