'O cine soa ben' co Caspervek Trío no Rosal

lun05ago20:00'O cine soa ben' co Caspervek Trío no Rosalcultura no camiño 202420:00 Praza do Calvario - O Rosal

Detalles do Evento

Caspervek Trío ofrecerá o 5 de agosto na Praza do Calvario do Rosal o espectáculo de música ‘O cine soa ben’.

Dende 2013, Caspervek é un dos referentes europeos no panorama dos cine-concertos, destacando como unha das poucas bandas a nivel continental dedicadas exclusivamente á composición e interpretación en directo de películas mudas.

O grupo sempre apostou pola importancia de programas educativos específicos que acheguen o cinema antigo ás novas xeracións, ofrecéndolles a posibilidade de comprendelo e asimilalo nun contexto divertido e interactivo.

‘O cine soa ben’ é o buque insignia das actividades educativas de Caspervek. Un espectáculo do que xa gozaron máis de 5.000 nenos de toda España.

Unha actividade na que os cativos terán a oportunidade, non só de descubrir a maxia do cinema mudo e as marabillas da música cinematográfica, senón que tamén poderán subir ao escenario para musicalizar en vivo unha escena de cinema mudo co grupo, realizar unha actividade de percusión corporal sincronizada, ou vestirse como Charles Chaplin e interpretar en directo unha escena dunha película muda.

E por suposto, coñecer algunhas das máis divertidas curtametraxes das primeiras décadas do século XX coa música en directo de Caspervek.

Este espectáculo forma parte do programa Cultura no Camiño 2024.

Hora

(Luns) 20:00

Localización

Praza do Calvario

Praza do Calvario 36770 O Rosal

Está pasando!