Proxección de 'Os días afogados' en Redondela

sáb22xuñ20:30Proxección de 'Os días afogados' en Redondelaciclo de cine galego20:30 Auditorio do Multiusos da Xunqueira - Redondela

Detalles do Evento

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela ofrece nos meses de maio e xuño un ciclo de cine coa proxección de catro longametraxes galegas. A alcaldesa Digna Rivas, responsable do departamento, sinala que con esta proposta o SNL ofrece á veciñanza unha alternativa de ocio e cultura, ao tempo que pon en valor “a calidade do cine feito en Galicia e en galego, cun ciclo que nos achega películas de gran proxección e galardoadas en certames nacionais e internacionais”.

As entradas están xa á venda no Multiusos da Xunqueira a un prezo de 2 euros para cada película, e pode mercarse un bono para asistir a todos os pases por 5 euros.



O ciclo pecharase co documental “Os días afogados”, de César Souto Vilanova e Luís Avilés. O traballo recolle a construción do encoro de Lindoso (Portugal), que en 1992 alagou para sempre as aldeas ourensás de Aceredo e Buscalque.

Os seus habitantes nada puideron facer para salvar as súas terras nin os seus fogares. Sabendo que todo estaba a piques de perderse, varios veciños colleron as súas cámaras domésticas e comezaron a gravar. As súas imaxes, gravadas desde mediados dos anos 60, constitúen un valioso documento histórico e etnográfico, filtrado pola subxectividade e as vivencias familiares.

Proxectarase o 22 de xuño ás 20.30 horas no auditorio da Xunqueira.

Hora

(Sábado) 20:30

Localización

Auditorio do Multiusos da Xunqueira

Paseo da Xunqueira, s/n, 36800 Redondela

Está pasando!