‘Tarzán, o musical’ | © Coda TM

'Tarzán, o musical' en Cangas

sáb17feb18:00'Tarzán, o musical' en CangasUn espectáculo familiar con música e voces en directo 18:00 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

‘Tarzán, o musical’, é a primeira tradución e adaptación ao galego. É un espectáculo para un público familiar, baseado na novela ‘Tarzán dos monos’ (Tarzan of de Apes) de E. Rice Burroughs, centrada no personaxe ficticio do neno orfo criado por gorilas na xungla; unha épica aventura chea de emocións e dinamismo e na que se exaltan sentimentos coma a necesidade de pertenza e aceptación, a familia e o amor.

Cunha duración de 1h 40’, Coda TM transpórtanos ás profundidades da xungla, para facernos disfrutar dunha experiencia inesquecible e conmovedora.

Música e voces en rigoroso directo, unha banda de 8 músicos, un coro de máis de 20 voces e un elenco excepcional xúntanse no escenario para crear un musical divertido e máxico con música pop e étnica. Todo isto enmarcado nun escenario pensado para evocar a exultante beleza da xungla, a través dun entramado de estruturas de alturas variadas que crean profundidade e dinamismo. Salpicado do alegre cromatismo do elaborado vestiario dos personaxes con roles humanos, mestura da moda vitoriana e o atrevido estilo steampunk.

Na diversidade do elenco, destacan os roles dos simios, artistas expertos en movementos que interpretan gorilas e complementan a súa actuación con acrobacias, animal flow e capoeira. O vestiario destes personaxes tampouco deixa indiferente, con deseños feitos a man e suxerindo a pel do gorila, na súa suavidade e variedade cromática.

‘Tarzán, o musical’, é o mellor espectáculo para percatarse de que a verdadeira familia é a que ofrece amor incondicional, sen importar as diferenzas, nin a orixe; a verdadeira familia pode non ser a biolóxica, senón a que te escolle e te protexe sempre. Esa é, sen dúbida, a mellor mensaxe que pode extraer calquera persoa que vexa o musical, independentemente da idade.

Un musical atrevido, repleto de aventuras, cancións, coreografías, historias de amor e de amizade, que non deixa de ser unha dramática viaxe de autodescubrimento e aprendizaxe vital.



SINOPSE

Tras o naufraxio dunha embarcación nas costas de África Occidental,un neno orfo é acollido por unha familia de gorilas que deciden chamalo Tarzán. O neno medrará loitando pola aceptación do seu pai simio e polo
intento constante de ser un mono máis e adaptarse a pesar das diferenzas.

Pasado o tempo unha expedición humana viaxa ao territorio da súa manada e atopa por primeira vez criaturas coma el.

Coñece a Jane, unha moza naturalista inglesa, da que se namora, sen saber que o séquito que vén con ela planea matar os gorilas.

Tarzán descobre que a súa educación animal choca cos seus instintos humanos, nun marco idílico no corazón da xungla, chea de aventuras e de extraordinaria beleza.

Entradas anticipadas á venda dende 17 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 18:00

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!