Teatro espontáneo en Pontevedra

xov27mar20:00Teatro espontáneo en Pontevedraunha proposta para falar, debater e reflexionar sobre igualdade20:00 Mercado Municipal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A cita de marzo do Teatro espontáneo tínguese de violeta co gallo do 8M cunha proposta para falar, debater e reflexionar sobre igualdade.

Será este xoves, 27 de marzo, ás 20.00 horas, cando unha vez máis o primeiro andar do Mercado de Abastos converterase no escenario dunha experiencia que une liberdade, creatividade e convivencia e que, nesta ocasión servirá ademais para poñer o foco sobre o machismo.

O Teatro espontáneo é unha iniciativa promovida pola Concellería de Benestar Social de Pontevedra Pontevedra en colaboración con la asociación Inzar.

Artéllase como un obradoiro mensual, que se desenvolve en dúas sesións. O terceiro xoves de cada mes celébrase unha sesión de adestramento en técnicas de escenificación, improvisación e teatro espontáneo na Casa Azul, en horario de 19.30 a 21.30 horas.

Unha semana máis tarde, o cuarto xoves do mes, o gastro-espazo do Mercado acolle unha representación pública deste teatro de improvisación.

É unha actividade aberta, polo que para participar tan só hai que acudir, non precisa de inscrición previa.

Hora

(Xoves) 20:00

Localización

Mercado Municipal de Pontevedra

Rúa Serra, 5 - 36002 Pontevedra

Está pasando!