VI Festa da Xuventude en Gondar

ven25abr22:00VI Festa da Xuventude en GondarAdro da capela de Santo Tomé de Gondar22:00 Concello de Sanxenxo - Sanxenxo

Detalles do Evento

Gondar prepárase para celebrar dúas citas festivas importantes, a XVI Festa da Xuventude e Santo Tomé. Membros da Comisión de Festas de Santo Tomé de Gondar acompañados do concelleiro vilalongués, Yago Torres, presentaron o cartel coa programación que arrincará o 25 de abril coa xa consolidada Festa da Xuventude con José Rico como artista principal e coas actuacións de Miriam Amat, Dumore, Paco Vulkano, Dani Kölmel e Xacobo Mínimo.

O recinto da festa, no adro da capela de Santo Tomé de Gondar, estará cuberto cunha carpa e valado.

O acceso será libre por unha única entrada controlada e non estará permitida a entrada con bebida do exterior. Durante a velada, realizaranse distintos sorteos. O agasallo máis curioso e novedoso será un porco.

A comisión de festas repite a proposta para reducir os residuos na festa coa venda dun vaso conmemorativo reutilizable que os asistentes poderán adquirir por 1 euro.



O mércores 30 de abril, coincidindo coa véspera de Santo Tomé, celebrarase unha verbena amenizada polas orquestras Fania Branco Show, Unión y Fuerza e sesión disco con DJ.

O 1 de maio a festividade de Santo Tomé dará comezo cunha tirada de bombas e pasacalles co grupo de gaitas Os Cruceiros de Vilalonga Fanfarria Furruxa. Ás 12 horas, celebrarase a misa cantada polo coro parroquial en honra ao patrón e, a continuación, realizarase a tradicional procesión.

Tras a celebración litúrxica, haberá sesión vermú con Punto Zero e pulpeiro. Ás 19 horas, celebrarase o XIV Trofeo Festas Santo Tomé de Gondar que enfrontará a solteiros contra con casados no campo de O Revel.

O recinto da festa estará cuberto por unha gran carpa con pintacaras e inchables para os máis pequenos.


Hora

(Venres) 22:00

Localización

Concello de Sanxenxo

Está pasando!