This is a repeating event

XXXVII Festa da Ostra de Arcade

ven04abrConsultarXXXVII Festa da Ostra de Arcade4, 5 E 6 DE ABRIL DE 2025(Consultar: venres) Peirao de Arcade - Soutomaior

Detalles do Evento

XXXVII edición da Festa da Ostra celebrarase entre o 4 e o 6 de abril, cunha ampla e variada programación que se desenvolverá no Peirao de Arcade.

Unha festa feita co maior dos agarimos e coidados, unha festa de unión que enxalzará o produto máis típico da parroquia de Arcade, unha festa declarada de interese turístico á que todo o mundo está convidado a vir para descubrir e degustar a Ostra, os Albariños de Soutomaior e a coñecer todos os atractivos do Concello de Soutomaior.

Como marca a tradición, a festa será a primeira fin de semana de abril, os días 4, 5 e 6 de abril agardan recibir máis de 30.000 persoas e vender, a prezos populares, máis de 100.000 pezas de ostras a 10 euros a ducia e a 12 euros a botella de viño albariño das tres marcas de Soutomaior: Noelia Bebelia, Quinta das Eiras e María Vinyals.



O programa de actividades da XXXVII Festa da Ostra é o seguinte:

VENRES 4 DE ABRIL

  • 22:00 h. Orquestras América de Vigo e París de Noia

SÁBADO 5 DE ABRIL

  • 12:00 hApertura das casetas de degustación
  • 12:00 h. Pasarrúas con Brassica Rapa
  • 22:00 h. Orquestras Olympus e Kubo
  • 00:00 h. Foguetes de arteficio

DOMINGO 6 DE ABRIL

  • 10:00 h. Pasarrúas coa Banda Artística de Arcade e a Banda Cultural de Arcade. Da rúa do Calvario ao Peirao
  • 11:00 h. Apertura das casetas de degustación
  • 12:00- 15:00 h. Música en directo. Fernando Sánchez Jazz Cuartet
  • 13:00 h. Lectura do pregón a cargo de Celso Fernández Sanmartín ‘Celsiño’
  • 18:00 h. Actuación musical de Festicultores Troupe



A FESTA DA OSTRA

Festa da Ostra de Arcade constitúe unha cita imprescindible no calendario gastronómico de Galicia. Esta parroquia do municipio de Soutomaior dálle a benvida a unha marea de visitantes a primeira fin de semana de abril para degustar este exquisito bivalvo. 

Esta celebración naceu en 1987 a iniciativa do sector ostreícola de Arcade, pioneiro na comercialización e exportación deste molusco. Abril é o mellor mes para a degustación da chamada trufa do mar ou perla dos mariscos, por iso se elixiu para a súa exaltación. A súa talla comercial, de entre 6 e 7 centímetros, conséguese en menos de 24 meses.

A cría e o consumo da ostra atesouran unha longa tradición na ría de Vigo. Existe constancia de que a poboación castrexa colleitaba este bivalvo, e o seu cultivo remóntase á época dos romanos. As dinastías dos Austrias e dos Borbóns apreciaban a calidade deste manxar, que era transportado á Corte do Reino en escabeche dentro de pequenos barrís de madeira; e que, xa no século XIX, se comercializaba en Europa.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Peirao de Arcade

Lugar Peirao, 16 36690 Arcade Soutomaior

Está pasando!