Malú celebrará este sábado no Auditorio Mar de Vigo 25 anos de sabedoría como unha eterna aprendiz

15 Maio 2024

  • A artista madrileña ofrecerá no Auditorio Mar de Vigo un recital no que soarán os grandes éxitos dunha sólida carreira iniciada no ano 1998 coa publicación do seu álbum debut “Aprendiz”, que a levou a converterse nunha das artistas máis importantes deste país
  • Este sábado estará acompañada por unha impresionante banda de 9 músicos, que elevarán a enerxía e a paixón da noite a cotas inimaxinables. A posta en escena promete romper co carácter intimista que podería esperarse nunha xira destas características
  • As últimas entradas para o concerto de Malú este sábado 18 de maio (21.00 horas) no Auditorio Mar de Vigo están á venda a través de teuticket.com

Este sábado, o Auditorio Mar de Vigo será testemuña dun dos evento musicais sen precedentes coa destacada presenza de Malú, quen conmemora os seus 25 anos de carreira como unha eterna aprendiz da música. Nun recital único, a artista madrileña levará á súa audiencia por unha viaxe nostálxica a través dos éxitos que marcaron a súa sólida traxectoria desde que debutase en 1998 co seu álbum “Aprendiz”.

Acompañada por unha impresionante banda composta por 9 músicos de renome, Malú promete elevar a enerxía e a paixón da noite a cotas inimaxinables no Mar de Vigo. Esta non será simplemente unha presentación musical; será unha experiencia na que a artista madrileña despregará todo o seu talento e carisma sobre o escenario do recinto vigués.

A posta en escena, lonxe de ser íntima, romperá coas expectativas ao ofrecer un espectáculo visual e sonoro no que Malú, coñecida pola súa entrega e dedicación en cada actuación, promete sorprender e emocionar á súa fiel audiencia cun repertorio coidadosamente seleccionado que abarcará desde os seus primeiros éxitos ata as súas recentes composicións.



“Aprendiz” estivo 60 semanas nas listas de éxitos e chegou a vender máis de 300.000 copias outorgándolle un triplo disco de platino. Este disco catapultouna ao éxito inmediato e que a artista madrileña soubo manter ao longo dos anos coa constancia, o traballo e a audacia que a caracterizan. Tras “Aprendiz”, chegarían 12 álbums de estudo máis, cos cales Malú logrou fitos musicais case incontables. Durante estas dúas décadas e media, obtivo 16 discos de platino e 6 discos de ouro soamente en álbums.

Aínda que non é só o público quen se rendeu aos pés da intérprete: Malú é tamén unHa das artistas máis galardoadas da historia deste país, acumulando 15 Premios Dial, 5 Premios 40 Principales, 6 nomeamentos aos World Music Awards ou 4 Premios Cadena 100. Sen esquecernos mencionar que foi a primeira artista feminina que conseguiu esgotar nunha mesma xira 4 veces o emblemático WiZink Center de Madrid. Unha pioneira que xerou unha gran influencia abrindo as portas ás seguintes xeracións de artistas femininas.

Este sábado, os asistentes terán a oportunidade de mergullarse nun universo musical único, onde cada nota e cada melodía reflectirán a experiencia de Malú como unha eterna aprendiz. As últimas entradas están á venda a través de teuticket.com

Está pasando!