O Cineclub Bueu proxectará este venres o filme ‘Enferma de min’, unha sátira do mal social dos nosos tempos

30 Xaneiro 2025

O Cineclub Bueu organiza o venres 31 de xaneiro a proxección en VOSE de ‘Enferma de min’ (Sick of Myself, 2022), a segunda longametraxe do director e guionista noruego Kristoffer Borgli, que se poderá ver ás 21 horas no Centro Social do Mar.

‘Enferma de min’ é unha sátira do mal social dos nosos tempos, unha comedia negra que retrata de maneira crúa o fenómeno contemporáneo do espectáculo.

A cota de entrada será de 2 euros para socios e de 4 euros para non socios.



Sinopse:

Signe e Thomas manteñen unha relación de parella malsá e competitiva, que toma un xiro pernicioso cando Thomas obtén certa notoriedade como artista contemporáneo.

A reacción de Signe consistirá en inventar unha nova personaxe e tratar á desesperada de chamar a atención e suscitar a compasión para recuperar o seu estatus.

Está pasando!