
O Festival Creativa de Vigo desvela o seu cartel completo e anuncia a reapertura de parte do histórico Cinema Vigo para algunhas das súas actividades
7 Abril 2025
- As ilustradoras María Gómez e Cristina Sardá, xunto co deseñador catalán Diego Feijo e a banda de pop Londras son algunhas das incorporacións.
- O festival anuncia ademais unha nova sesión de “Charlas Maracas” nas que 8 actores da escena creativa e cultural galega presentan o seu traballo e proxectos nunhas charlas rápidas, que son das actividades que máis gusta ao público do evento.
O Festival Creativa presenta o seu cartel completo, revelando os nomes dos artistas e creadores que participarán na edición deste ano, que terá lugar os días 25 e 26 de abril. O festival ofrecerá unha variada programación de actividades en diversos espazos da cidade, incluíndo a reapertura de parte do histórico Cinema Vigo.
O Cinema Vigo, que abriu as súas portas en 1961 coa proxección de “Tu a Boston y yo a California”, volverá ser escenario da cultura, acollendo algunhas das charlas do festival. Ademais, Galería Maraca e a Plaza do Pobo Gallego sumaranse á celebración con actividades propias.

El cartel del festival incluye nombres destacados de la escena creativa local, nacional e internacional, ofreciendo propuestas innovadoras gracias al respaldo principal de Cervezas Alhambra, que, en el año de su centenario, sigue la excelencia en la creación contemporánea, ofreciendo experiencias únicas que invitan a disfrutar sin prisa y a dedicar a cada expresión artística el tiempo que merece.
Para elo Creativa incorpora a súa programación a la ilustradora andaluza María Gómez, que con 350k seguidores en instagram se ha convertido en uno de los referentes de la ilustración nacional. Además también se unen al cartel el diseñador catalán Diego Feijoo, miembro de la Alliance Graphique Internationale desde 2013, la ilustradora Cristina Sardá que dará un taller para niños, y los grupos Nutrias y Visera que presentarán sus nuevos discos en directo.

Como novidade este ano, o festival Creativa levará a creatividade ás rúas, non só cun Mercado Gráfico que se realizará na Praza do Pobo Galego (diante do COAG) con 50 artistas de todo o país, se non que encherá de arte os escaparates da Rúa Doutor Cadaval y Eduardo Iglesias xa que catro recoñecidos ilustradores galegos como Roberto Argüelles, Sandra Lodi, Agustina Shuan e Nivi&Éxfico crearán obras en vivo da man da marca de rotuladores Posca, transformando os espazos comerciais en galerías ao aire libre.

Ademais, como cada edición terá lugar unha nova edición de “Charlas Maraca”, nas que 8 actores da escenar creativa e cultural galega presentarán o seu traballo e proxectos nunhas charlas rápidas que se converteron nunha das actividades favoritas do público de Creativa. Entre os invitados estarán: Lili Algo, o estudo de deseño ourensán Casa Pransa, o podcast Desfacendo Galicia, os deseñadores industriais Lagomonroy, o proxecto Rural Hackers…
Con esta cartel con trinta creativos de primeiro nivel, e co recente galardón como “Mellor evento cultural de Galicia” nos Premios Paraugas, o Festival Creativa consolídase como unha das citas culturais de referencia en Galicia, un espazo de encontro para creadores, profesionais e amantes da cultura contemporánea cunha programación cargada de talento de primeiro nivel.
- Genie Espinosa: unha das ilustradoras e autoras de cómics máis importantes do momento. Galar. Edonada co premio Miguel Gallardo como autora revelación do 40 Salón do Cómic de Barcelona e o premio Ojo Crítico de RNE de cómic 2021, estará en Creativa cunha exposición do seu traballo que se caracteriza por un estilo vibrante e colorido, e a miúdo aborda temas relacionados coa diversidade.
- Javier Jaén: deseñador gráfico barcelonés coñecido internacionalmente pola súa capacidade para crear imaxes que convidan á reflexión e ao humor. O seu traballo caracterízase por unha linguaxe visual sinxela pero potente, cheo de dobres sentidos e metáforas e colaborador habitual de medios como The New York Times, The New Yorker, Time, La Vangarda, El País etc.
- Le Petite Patito: Arquitecta e creadora de contido dixital que conquistou cos seus mais de 100k de followers as redes sociais cun estilo único e o seu humor acedo. Coñecida polo seu irreverencia e a súa capacidade para conectar co público novo, Le Petite Patito converteuse nunha gura imprescindible nas redes coa súa critíca aceda ao mundo inmobiliario.
- Javirroyo: un dos ilustradores e humoristas gráfico máis recoñecibles do páis, cun traballo que se caracteriza por un estilo minimalista e un humor intelixente e a miúdo absurdo. As súas viñetas, que adoitan aparecer en prensa e redes sociais, exploran situacións cotiás e temas de actualidade cunha mirada crítica e divertida.
- María Gómez: Con 350k seguidores en instagram e cos seus estilo fresco, irónico e reinvidicativo esilo converteuse nun dos referentes da ilustración nacional.
- Brosmind: Son probablemente uns dos invitados que máis ganas temos de ver en Creativa. Este estudo de ilustración con sede en Barcelona fundado polos irmáns Juan e Alejandro Mingarro crea un traballo moi persoal caracterizado por un estilo colorido, detallado e cheo de humor, que combina elementos da ilustración tradicional con técnicas dixitais e que puideches ver en campañas para Nike, Honda, Microsoft ou Coca-Cola.
- Up&Up, este proxecto da madrileña Lucía Zapata é unha iniciativa que se centra en conectar persoas e lugares únicos a través da creatividade e a exploración. Trátase dun proxecto en liña internacional que, tras nove anos, alberga a máis de 100 artistas en 16 cidades de 14 países do mundo. Unha sorte ser un deses tantos lugares deste proyeto “Unique People & Unique Places”, o cal reflicte o enfoque do proxecto en resaltar persoas e localizacións cun valor especial.
- Mario Eskenazi, será sen dúbida un dos pratos fortes desta edición. Recoñecido como un dos grandes referentes do deseño gráfico en España e Premio Nacional de deseño falaranos sobre o seu traballo que é sen dúbida historia do deseño mundial.
- Cristina Sardá: É unha recoñecida ilustradora que con traballos para marcas como Cruz Vermella, Zara ou El País centrou o seu estilo no mundo editorial e especialmente no infantil, por iso traeranos para os máis peques un “Taller de creatividade para mentes intrépidas”. O taller será con inscrición gratuíta e limitada que se abrirá nun par de semanas.
- IseeFaces Studio: son un duo residente en Copenhagen formado polo VJ Matei Petrescu e a deseñadora María Meiga, que encherán o escenario de Creativa cunhas intervencións visuais acompañando acompañando o proxecto de música electrónica Belish que presentará o seu primeiro LP “Un grito de amor” con influencias de bandas como Moderat, The Blaze ou Caribou.
- A programación musical completarase co concerto da banda Nutrias, que emerxeu con forza na escena musical alternativa coa súa mestura de sons que transitan entre o pop, o punk e movementos alternativos de finais dos 80 e principios dos 90. E tamén coa presentación de “Flores y diosas”, o novo traballo de Manu G.Sanz, vello coñecido da escena underground galega con proxectos como Selvática ou Indómitos, onde agora mergúllase en melodías pop preciosistas, con ecos de artistas como Love, Big Star e Nico.
- Marinita y sus Maromas: esta compañía de teatro travesti e cabaret presentaranos un dos seus espectáculos que se caracterizan polos seus shows cheos de humor, música e unha estética que mestura elementos do cabaret clásico coa cultura drag. –
- AR/DE: Trátase do Arquivo do Deseño Gallego, unha iniciativa da Asociación Galega de Deseño (DAG). Este proxecto ten como obxectivo principal preservar e difundir o patrimonio do deseño en Galicia algo que está moi preto dos valores do noso festival, así que non podiamos evitar convidalos a que nos conten un pouco sobre iso.