A 49 edición de Curtas terá como leit-motiv ás pequenas criaturas que poboaron as estanterías dos videoclubes dos 80 como Gremlins, Critters ou Ghoulies

22 Xuño 2021

Thrillers que te deixarán sen alento, embriagadores soños de ciencia ficción, terror de alto impacto, xunto as propostas máis imaxinativas e innovadoras da fantasía voltarán a romper coas conviccións na gran celebración do cinema fantástico de Galicia.

A 49 edición do Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa, terá lugar do 22 ao 31 de outubro de 2021, en formato presencial e entrada gratuita, cunha amplia selección de longametraxes e curtametraxes de xénero fantástico de todo o mundo.

O evento terá como leit-motiv ás pequenas criaturas que poboaron as estanterías dos videoclubes dos 80 como Gremlins, Critters ou Ghoulies.

Curtas, o festival de cine fantástico de maior dimensión en Galicia, voltará a apostar polo formato presencial, verdadera esencia do evento, tendo en conta a situación sanitaria do momento e tomando as medidas oportunas para garantir a seguridade de todos. A banda deseñada, a literatura e outras formas de expresión artística, ademáis de convidados de primeiro orde formarán parte unha vez máis dunha programación fantástica .

O 1 de xullo remata o prazo para a recepción de obras a competición nas diferentes seccións a concurso. Durante os vindeiros meses iranse desvelando os convidados e a programación do Festival a través da web oficial curtas.org e das diferentes redes sociais do festival.


Poster de Curtas 2021, obra de Flavio Greco Paglia

Os pequenos monstros dos 80 protagonizan o póster da 49 edición de Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa

O póster de Curtas 2021 é obra do cartelista arxentino Flavio Greco Paglia, e amósanos como un barco tripulado por estos pequenos e irreverentes monstros embiste o porto da cidade, mentras persegue a un aterrorizado Gizmo.

“Cuando Curtas me invitó a realizar la imagen para este año, pensé que tenía que ser divertida, sentirse honesta con los personajes y su carácter, y aprovechar la localización -el municipio de Vilagarcía- en favor de la narración. “ comenta Flavio Greca.

“Queríamos que a imaxe evocase aquelas caratulas das películas de videoclub que tantas horas de diversión nos aportaron aos fans do xénero nlos 80s. E que á vez funcionase como unha invitación para que todos eles se acheguen a desfrutar desta festa do fantástico que é Curtas Festival do Imaxinario” comenta o director do festival Luis M. Rosales.

Dance with the Dead pon banda sonora ao póster de Curtas 2021

Presentámosvos a versión animada do póster de Curtas Festival do Imaxinario, realizada por WeWotion. Ademáis, o dúo norteamericano, estandarte do synthwave, Dance with the Dead, formado por Justin Pointer e Tony Kim, pon a banda sonora ao póster de Curtas Festival do Imaxinario 2021.

O seu són, unha mezcla de sintetizadores e guitarras eléctricas, inspirado nas melodías das bandas sonoras dos 80, e o seu su particular universo visual, centrado no cine de terror, son ocomplemento perfecto á imaxen deste año.

Para saber máis sobre a súa música podes acceder ao seu Bandcamp oficial: https://dancewiththedead.bandcamp.com/


Está pasando!