O festival Rock in Río Tea volve esta fin de semana ao parque da Feira Vella de Ponteareas

1 Xullo 2024

A XII edición do festival Rock in Río Tea celebrarase os días 5 e 6 de xullo no parque da Feira Vella, en pleno centro de Ponteareas, con Los Cigarros e Sôber como cabezas de cartel.

Como en ediciones anteriores, serán os alumnos e alumnas da Escola de Rock CDM de Ponteareas os que abran o festival o venres, 5 de xullo.

Unha cita totalmente consolidada na axenda cultural do verán e un dos festivais gratuítos máis importantes de Galicia, contará este ano coa participación das seguintes formacións:

VENRES 5

  • Sòber + Savia + Skizoo
  • Vimbio
  • Alumnos do CDM (Rock School)
  • Dj Oscuro

SÁBADO 6

  • Los Zigarros
  • Bala
  • The Mün
  • Alteanos
  • Dj Oscuro

Está pasando!