Presentación da II Feira da Mascota | © Concello de Pontevedra

O Recinto Feiral de Pontevedra acolle esta fin de semana a II Feira da Mascota

10 Setembro 2024

  • Estarán representadas todas as Protectoras de Animais de Pontevedra e da súa contorna
  • Haberá charlas, stands, mesas redondas, concursos, zona infantil…

O Recinto Feiral de Pontevedra acolle os días 14 e 15 de setembro a II Feira da Mascota coa que colabora a Xunta de Galicia, a Deputación e o Concello de Pontevedra. Está prevista a participación de todas as Protectoras de Animais de Pontevedra e a súa contorna. Ademais haberá stands, exhibicións, seminarios, charlas, concursos, zona infantil… e participará o monologuista Miguel Martín.

Esta feira, con entrada gratuíta, abrirá as súas portas de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 e as 21:00 horas, aínda que o domingo pechará media hora antes, ás 20:30 horas.



A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías explicou que «os tempos están cambiando» e hoxendía «as mascotas ocupan un espazo importante, non só nas nosas casas, senón tamén nas nosas cidades. De aí a idea de seguir apostando por esta feira da mascota, onde todas as persoas poderán atopar stands de complementos, empresas… para garantizar o seu benestar. Tamén será un punto de encontro entre certos debates que se producen no no o país, en Galiza, e me atrevería a dicir todo o Estado español, coa nova lei de benestar animal».

A rolda de prensa de presentación tamén contou coa participación do director xeral de Emprego, Pablo Fernández, que explicou que a Xunta de Galicia estará presente no evento cun espazo de apoio ao emprendemento ao entender que o das mascotas é un sector puxante a nivel empresarial. “Esta é unha industria puxante. Un de cada dous españois temos unha mascota nos nosos domicilios”, dixo Fernández, que asegurou que na comunidade hai máis animais domésticos que nacementos.

Está pasando!