Pontevedra celebra o Día Internacional do Ioga con clases ao aire libre na Alameda e a Illa do Covo

18 Xuño 2024

A actividade, promovida pola Concellaría de Benestar Social, é de balde e desenvolverase o vindeiro sábado 22, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas


Pontevedra celebrará o vindeiro sábado 22 de xuño, o Día Internacional do Ioga cunha xornada ao aire libre chea de actividades relacionadas con esta práctica, apta para todas as idades e que reporta importantes beneficios físicos e de benestar xeral, tal como recoñeceu a ONU ao proclamar a efeméride no ano 2014. As sesións de ioga desenvolveranse na Alameda e na Illa das Esculturas, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas.

A actividade está organizada pola Concellería de Benestar Social, que xestiona Anabel Gulías, en colaboración con Flow Ioga e Myriam Viéitez, nunha aposta compartida a prol de prácticas que axuden a manter e mellorar a saúde física e mental das persoas, piar fundamental para unha vida sa e feliz.



Varios obxectivos guían esta iniciativa: servir para dar visibilidade ao ioga, dar a coñecer e practicar distintos tipos de ioga, promover un estilo de vida saudable, tanto físico como mental e ofrecer novas ferramentas para combater e/o convivir co estrés diario. Uns obxectivos aos que se engade a aposta polo uso de espazos ao aire libre para a práctica de actividades físicas y comunitarias.

Todas as actividades son de balde. As persoas interesadas tan só teñen que achegarse uns minutos antes do inicio das sesións coa súa esteira ou toalla, ou se prefire para sentar máis cómodas cun coxín ou bloque.

Na Alameda impartiranse as seguintes clases/sesións: Bos días (10.00 horas), Hatha Ioga (11.30), Vinyasa Ioga (13.00 horas), Respira (16.30 horas), Acro-Ioga (18.00 horas) e Ioga tibetano (19.30 horas).

A Illa do Covo será escenario das seguintes propostas: Ashtanga Ioga (10.00 horas), Ioga prenatal (11.30 horas), Vinyasa Ioga (13.00 horas). Meditación (16.30 horas), Vinyasa Ioga (18.00 horas) e Yin Ioga (19.30 horas).



Estas clases/sesións serán impartidas polo seguinte profesorado.

ESTILOS DE IOGA

  • Hatha Ioga. O ioga máis tradicional, onde aprendemos as bases da práctica física.
  • Vinyasa Ioga. A faceta máis dinámica do ioga, é unha práctica máis física e dinámica, onde acompañamos a respiración de movementos fluídos.
  • Acroioga. A unión entre o ioga e as acrobacias, facéndoas máis accesíbeis, xa que se practica en parella ou en grupo. Aporta conexión co outro e moita diversión.
  • Ioga tibetano. Sensibilízanos coa enerxía vital, e sigue os principios da Medicina Tradicional Tibetana, utilizando os fundamentos do budismo tántrico que se centra no camiño espiritual para acadar o estado perfecto de paz e ausencia de sufrimento.
  • Ashtanga Ioga. É unha práctica que segue sempre a mesma secuencia de posturas. Todas elas enlazadas sincronizando movemento e respiración (Vinyasa)
  • Ioga prenatal. O embarazo é un excelente momento para aproveitar os moitos beneficios de esta práctica. Clases adaptadas a todas as etapas do embarazo.
  • Meditación. Introdución ás diferentes técnicas de meditación, todas co mesmo fin, encontrar a paz mental.
Está pasando!