Proxección da curtametraxe documental ‘100 anos de Nós’ no edificio Castelao

16 Xuño 2021

O xoves 17 de xuño, ás 20:00 horas, proxectarase no edificio Castelao do Museo de Pontevedra a curtametraxe documental ‘100 anos de Nós’ vinculado coa exposición ‘Galicia, de Nós a nós’ que se está a mostrar no mesmo inmoble. Xunto coa proxección haberá un coloquio-debate coas investigadoras Patricia Arias e Iria Friné.

A curtametraxe documental, de Arraianos Producións, fai un percorrido contemporáneo pola revista Nós, unha publicación que entre 1920 e 1936 supuxo unha revolución no mundo editorial galego, a través dos seus contidos literarios, lingüísticos, artísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamento político.

As persoas que desexen acudir a esta proxección e debate deben confirmar a súa asistencia en reservas.museo@depo.es

Está pasando!