O Cineclub Bueu proxectará este venres a película de Wim Wenders ‘Alicia nas cidades’

10 Abril 2025

O venres 11 de abril, ás 21:00 horas no Centro Social do Mar, o Cineclub Bueu, coa colaboración da Filmoteca de Galicia, proxectará en VOSE a película ‘Alicia nas cidades’ (Wim Wenders, Alemaña, 1974).

A cota de entrada será de 2 euros para socios e de 4 euros para non socios.



SINOPSE:

O xornalista alemán Felix Winter percorre os Estados Unidos buscando temas para escribir un libro, pero como nin sequera consegue empezalo, o seu editor cancela o contrato.

Cando decide regresar a Alemaña, coñece no aeroporto a unha muller, e como non hai voos ata o día seguinte pasa a noite con ela.

A muller desaparece, pero déixalle un recado: que vaia coa súa filla Alicia, de nove anos, a Amsterdam para reunirse con ela.

(FILMAFFINITY)

Está pasando!