Imaxe da banda italiana Talco

Concertos de Verán de Soutomaior 2026

ven10xul20:30Concertos de Verán de Soutomaior 2026Talco, De Ninghures, 9 louro e La Duendedena20:30 Peirao de Arcade - Soutomaior

Detalles do Evento

Concello de Soutomaior continúa coa conta atrás para a celebración dos Concertos de Verán, unha das principais citas da programación estival do municipio.

A xornada do 10 de xullo, de acceso gratuíto, ofrecerá unha noite de música en directo nun espazo privilexiado á beira da ría, consolidándose como unha das propostas culturais máis destacadas do verán.

A programación arrancará ás 20:30 horas coa actuación de La Duendeneta, que será a encargada de abrir a xornada e crear ambiente desde primeira hora. Ás 21:30 horas será a quenda de De Ninghures, mentres que ás 23:00 horas chegará ao escenario Talco, cabeza de cartel desta edición. A noite rematará coa actuación de 9Louro, prevista para as 00:30 horas.

O Concello anima á veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse ao Peirao de Arcade para desfrutar dunha cita pensada para todos os públicos, unha cita interxeneracional na que a música volverá converterse no eixo central dunha noite de convivencia, lecer e dinamización do espazo público.

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Peirao de Arcade

Lugar Peirao, 16 36690 Arcade Soutomaior

Está pasando!