Salvaterra de Miño pon marcha un obradoiro de risoterapia para adultos

25 Outubro 2024

O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha un obradoiro de risoterapia destinados ás persoas adultas. Como disciplina terapéutica, a risa ten moitos beneficios físicos, psíquicos, emocionais e sociais para todas as persoas.

Trátase dunha actividade gratuíta que se desenvolverá na Casa do Conde todos os martes do 29 de outubro ao 3 de decembro, en horario de 18:30 a 20:00. Para rír ben a gusto, é aconsellable vir con roupa e calzado cómodos e unha esterilla.

As prazas son limitadas e as persoas interesadas poden inscribirse xa a través do correo electrónico animacion@concellodesalvaterra.org


Está pasando!