Salvaterra presenta a programación da X Festa do Viño Espumoso

29 Novembro 2024

Música, gastronomía, nomeamento de novos cofrades, brindis e show de espumosos forman parte da programación que ofrece esta festa


O Concello de Salvaterra de Miño presenta a programación da X Festa do Viño Espumoso D.O. Rías Baixas para os días 6, 7 e 8 de decembro no recinto amurallado.

En total serán once as adegas participantes, unha máis que o pasado ano, que ofrecerán os seus viños espumosos e todo acompañado de tapas diversas ademais de doces, cafés e chocolates; unha festa que mantén a mesma filosofía, por en valor os viños espumosos da nosa comarca, un produto que ano a ano vai gañando adeptos.

Ademáis de viño e gastronomía este ano tamén haberá música para amenizar a festa. O público poderá desfrutar con grupos como Los Lunes al Sol, La Mafia, Terapia de Grupo, La Buena Vida, Alter Nós, A de Sabas, La Franga ou Rukan Rock Blues, entre outros.



A inauguración terá lugar o venres 6 ás 18:00 horas coa actuación de A.C. Pontenova e a apertura dos stands. Ás 21.30 horas comezarán os concertos de Rukan Rock Blues e La Mafia.

sábado 7 comezará a festa ás 12:00 horas e ás 13:00 horas poderemos gozar dun concerto de Alter Nós. Ás 18:30 horas haberá Show de Cócteles de Espumoso a cargo de Sebaristas. Xa á noitiña, a partir das 21.30 horas, arrancarán os concertos de La Franga y Los Lunes al Sol.

E o domingo 8 ás 11:30 horas terá lugar o acto de nomeamento de novos cofrades da Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos para posteriormente realizar o tradicional degüelle a sable e brindis a cargo de Luis Paadín e Alejandro Paadín, Ambassadeurs du Champagne de España e formadores homologados de cava. Ás 13:00 horas terá lugar o concerto de A de Sabas e ás 16:30 horas o concerto do grupo A Boa Vida. Despois, ás 18.00 horas, os presentes poderán gozar cos finalistas do programa talenshow de Megaestrelas: Coral Mendez, Dania Diva, Carla Lamas, Lucía Samoelle, Lara R. e Ariel Echeverría. Finalmente, ás 20:00 horas, comezará o concerto de Terapia de Grupo.

Ademais, a Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos organiza para o 4 de decembro unha Master Class sobre coñecementos prácticos na elaboración de viños espumosos polo método tradicional impartido por Agustí Torelló I Sibill. Unha formación dirixida principalmente a profesionais do sector cun custe de 40 euros. Máis información en cofconteaespu@gmail.com


Está pasando!