Mundo Prestigio e Antía Van Weill | © Luis Basilio @pichentedelavega

‘Sensaciones’: déixate levar co novo de Mundo Prestigio

8 Febreiro 2024

  • A banda viguesa únese a Antía Van Weill para teletransportarnos ao Benidorm dos 70’s a golpe de rumoreo
  • Sen saber ben como sucedeu, estás noutro lugar. Un tema que hipnotiza, unha viaxe de ‘Sensaciones’

‘Sensaciones’ é o terceiro adianto de Mundo Prestigio. Ju, Brais, Fiz e Fer convídannos a deixarnos levar con esta nova proposta en colaboración con Antía Van Weill. ‘Sensaciones’ súmase aos lanzamentos de ‘Personas’ e ‘Hay cosas que se echan de menos’, e confirma a versatilidade do grupo vigués -que tamén xira como banda de Carlangas-. O próximo mes de marzo, Mundo Prestigio publicará o seu novo disco, ‘Eterna Constanza’ baixo o selo Ernie Records.

‘Sensaciones’: impresións que percibe un ser vivo cando un dos seus órganos receptores é estimulado.

A estimular os nosos órganos receptores. A iso veñen agora Mundo Prestigio e Antía Van Weill. Conségueno desde o primeiro acorde. Hai algo na melodía, é sutil e delicado, esconde unha forza case imperceptible que nos arrastra. Empézanos a arrolar e resulta irresistible, só queda deixarse levar.



‘Sensaciones’ ten unha vibra especial; transpórtanos Benidorm, na década dos 70. Concretamente, á piscina dun hotel recentemente construído. Na man, unha mimosa. Soa Marisol no fío musical.

Ben. Estamos alí. Agora é cando Mundo Prestigio e Antía Van Weill xogan con esas ‘Sensaciones’ a golpe de susurros jeanettianos. E a isto súmanlle unha base de violíns disco, cimentada sobre hiphoperos bombos e caixas. Absolutamente hipnotizador.

A modo de curiosidade, o resultado final de ‘Sensaciones’ dista un pouco da idea orixinal. Cando Mundo Prestigio fixo chegar as pistas de voz a Hevi -encargado da mestura-, o rumoreo estaba pensado para dar textura ao resto de voces; para que se notase só de maneira tenue, por baixo. Foi o propio Hevi quen decidiu converter o rumoreo na pista principal e única, eliminando o resto. Desde Mundo Prestigio tivérono claro: «O resultado pareceunos incrible».


Mundo Prestigio e Antía Van Weill | © Luis Basilio @pichentedelavega

Esta viaxe de ‘Sensaciones’ nace do equipo entre Mundo Prestigio e Antía Van Weill, construído en base a unha profunda e mutua admiración. Unha amizade coa cidade de Vigo como pano de fondo; outro escenario perfecto de ‘Sensaciones’, pois, a pesar da melancolía que destila, sempre vai haber un bar cochambroso no que pedir un cubalibre, botar un baile e esquecerse de todo.

E ese é o seu secreto. ‘Sensaciones’ está cargada de poder evocativo. Borra as nocións previas. Lévanos a outros lugares. Así é como o tema sedúcenos. Porque só necesita algo máis de tres minutos para evocar todo aquilo que necesitamos e para transportarnos ata alí. Despois, a canción remata e o golpe doe ao espertar de súpeto. Sempre é posible volvela a reproducir.

PRÓXIMAS DATAS:

15/03 • SANTIAGO DE COMPOSTELA (Sala Malatesta)

16/03 • VIGO (Mondo Club)

12/04 • MADRID (Sala Siroco | Sound Isidro)

Está pasando!