TerraCeo despide a súa cuarta edición este sábado co concerto de HARD GZ na terraza do Mar de Vigo

22 Setembro 2023

  • HARD GZ, un dos expoñentes máis destacados do panorama urbano, presentará adiantos do seu próximo traballo, “La Costa”, nun concerto que leva dous meses esgotado e que promete unha velada de alta tensión baixo o solpor na Ría de Vigo
  • O concerto de Boyanka Kostova celebrarse finalmente este venres na sala Mondo, en Vigo. O grupo de trap presentará “Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados”, un disco que é puro flow rural
  • A terraza do Mar de Vigo converteuse este 2023 nun referente a nivel internacional como un espazo de concertos exclusivos en Vigo coas actuacións de bandas como Arde Bogotá, Tinariwen, Curtis Harding, Depedro, Kitty, Daisy & Lewis ou La La Love You

HARD GZ pechará a cuarta edición de TerraCeo este sábado

O sábado 23 de setembro, co inicio do outono, terá lugar o peche da cuarta edición do aclamado festival TerraCeo coa esperada actuación de HARD GZ na terraza do Mar de Vigo. Este festival, que co paso do tempo foi medrando en importancia e notoriedade, consolidouse xa a nivel internacional como un espazo para concertos exclusivos e coidados na cidade de Vigo.

Un dos momentos máis esperados deste ano será a actuación do rapero HARD GZ, que regresou aos escenarios este ano cun novo repertorio de música nova e adiantos do seu próximo disco, “La Costa”. As entradas para a súa actuación esgotáronse con dous meses de antelación, o que demostra que este artista vigués é un fenómeno cunha base de seguidores inquebrantable.

HARD GZ consolidou a súa posición como os dous artistas de rap máis influentes do país, transcendendo non só o ámbito musical senón tamén como voz crítica e revolucionaria na sociedade. A súa música caracterízase por unhas letras comprometidas que abordan temas sociais e referencias á vida da rúa, así como loitas persoais e obreiras. Cun estilo único avalado por bases sólidas e crúas, os seus brutais directos non deixan indiferente a ninguén e catapultan á fama con millóns de visualizacións en plataformas como YouTube, superando os 80 millóns nos últimos anos.

Ao longo da súa carreira, HARD GZ demostrou a súa fidelidade a un estilo e unha actitude inquebrantable, o que lle valeu o título de “rapero do momento”. A súa música non é só reflexión, senón tamén unha invitación a mover a cabeza e sentir a enerxía bruta que emana das súas letras e dos seus directos.

Este concerto pon fin á programación da cuarta edición do Festival TerraCeo celebrada durante as fins de semana de maio, xuño, xullo e setembro, na que se programaron concertos de grandes bandas de renome como Arde Bogotá, Tinariwen, Curtis Harding, Depedro, Kitty, Daisy & Lewis ou La La Love You, entre outras.

A terraza do Mar de Vigo converteuse este ano no epicentro dos concertos exclusivos na cidade de Vigo cunha cuarta edición marcada tamén pola boa acollida do público, que encheu a gran maioría das diferentes propostas.


Está pasando!