Preparativos da Shopping Night Redondela 2024 | © Asociación de Empresarios de Redondela

Todo preparado no comercio de Redondela para celebrar este venres 2 de agosto a Shopping Night

1 Agosto 2024

Os comercios decoran os seus establecementos para a noite máis glamurosa do ano da man da Shopping Night acompañada do Festival de Artistas de Rúa


As máis de 40 tendas participantes na campaña están preparando a decoración e ambientación para este evento de venda nocturna. A Asociación de Empresarios de Redondela comenzou hoxe co reparto do material decorativo que está presidido por unha gran lúa dourada e guirnaldas de perlas realizadas con globos. Nesta edición a temática glamour marcará a decoración e ambientación das tendas.



O comercio prepara con expectativas positivas esta xornada xa que é moito o público de que se achega a Redondela o que podería supor un impulso as vendas. Os descontos e promocións son un reclamo que o comercio prepara con mimo para atraer a novos clientes nesta singular noite de compras.

A hostalaría tamén se suma a esta noite especial ofrecendo cócteles.

O programa do festival de artistas de rúa que arranca ás 19:30 horas cunha actuación do grupo local As Tareixas na Praza de José Figueroa garante animación e espectáculo durante toda a tarde deste venres ata pechar ás 00:00 horas do Septeto Santiaguero que pechará a velada con música cubana.


Está pasando!