Visitas guiadas ás Ruínas de San Domingos, un dos recintos monumentais máis destacados da cidade de Pontevedra

15 Xullo 2021

As Ruínas de San Domingos constitúen un dos recintos monumentais máis destacados da cidade de Pontevedra. As súas pedras fálannos dun dos momentos máis apaixonantes na historia da cidade, onde as ordes mendicantes, como a dos dominicos que erixiron esta igrexa e convento, xogaron un papel fundamental.

As persoas que desexen coñecer a súa historia e algunhas das valiosas pezas que custodia este lugar tan singular, poden visitalas nos horarios que a continuación se indican e tamén participar nas nosas visitas guiadas.

Horario de apertura (do 15 de marzo ao 31 de outubro):

  • De martes a sábados: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas
  • Domingos e festivos: de 11:00 a 14:00 horas
  • Luns: pechado

Visitas guiadas:

  • Todos os xoves ás 12:00 horas

Non é necesaria inscrición pero as prazas son limitadas en función dos protocolos sanitarios de cada momento.

Os grupos que queiran concertar a visita fóra deste horario poden facelo a través do teléfono 986 804 100 ou do correo electrónico: educación.museo@depo.es (a atención aos correos é de luns a venres de 8:30 a 14:30).


VISITAS GUIADAS NOS EDIFICIOS SARMIENTO E CASTELAO

Durante os meses de verán o Museo de Pontevedra intensifica as visitas guiadas ás exposicións permanentes que albergan os edificios Sarmiento e Castelao e coas que pretenden ofrecerlle ao público a oportunidade de achegarse ás súas coleccións.

O percorrido, duns 50 minutos de duración, inclúe explicacións sobre o Tesouro de Caldas, a Virxe Branca, a xeración doente, a louza de Sargadelos, os renovadores e Castelao.

Non é necesaria inscrición pero as prazas son limitadas en función dos protocolos sanitarios de cada momento.

Horario

  • De martes a venres ás 12:00 e ás 18:00 h
  • Domingos ás 12:00 h
Está pasando!