Capela de San Brais, Salcedo – Pontevedra | © Atlantis Comunicación

A Asociación de Veciños Salcedo Norte honrará a San Brais, protector das enfermidades de gorxa, entre o 29 de xaneiro e o 5 de febreiro

20 Xaneiro 2023

Entre o domingo 29 de xaneiro e o domingo 5 de febreiro, a Asociación de Veciños Salcedo Norte organizará numerosos actos lúdicos, deportivos e culturais na honra de San Brais.

San Brais era coñecido polo seu don de curación milagrosa. Segundo conta a lenda, salvou a vida dun neno que afogaba ao esganarse cunha espiña de peixe. Esta é a orixe do costume de bendicir as gorxas o 3 de febreiro, día da súa festividade.

Domingo, 29 de xaneiro

O domingo 29 de xaneiro darán comezo os festexos coa XI edición da Carreira Pedestre San Brais 2023. Á saída terá lugar dende o estacionamento do Centro Comercial Carrefour. As categorías inferiores comezarán ás 11:15 horas no mesmo lugar. As inscricións faranse na web www.championchipnorte.com ata as 23:59 horas do luns 23 de xaneiro de 2023.

Venres, 3 de febreiro

O venres 3 de febreiro, festividade de San Brais, comezará con tirada de foguetes a partir das 09:00 horas e ás 10:00 horas haberá un pasarrúas a cargo do grupo de música tradicional ‘Os Alegres’.

Os oficios relixiosos celebraranse pola mañá ás 09:00, 10:00, 11:00, 13:00 horas e pola tarde ás 17:00 e 18:00 horas.

Os Campos do Centro Sur acollerán un Torneo de Petanca que comezará ás 10:00 horas se continuará pola tarde ás 16:00 horas.

Sábado, 4 de febreiro

O sábado 4 de febreiro terá lugar no Centro Sur (antiga residencia da Once de Campolongo), a celebración dun gran Serán dedicado a San Brais. Todos os asistentes a esta festa que comezará ás 21:00 horas, poderán gozar e deleitarse cunha gran velada na que poderán cantar e tocar os seus instrumentos musicais.

Domingo, 5 de febreiro

As Festas de San Brais 2023 concluirán o domingo 5 de febreiro con numerosos actos lúdicos e culturais que darán comezo ás 09:00 horas cunha tirada de foguetes, que darán paso a un pasarrúas a cargo do grupo de música tradicional ‘Os Afoutes do Canón de Pau’, a partir das 10:00 horas.

O horario das misas de mañá será ás 09:00, 12:00 e 13:00 horas (solemne) e pola tarde ás 17:00 e 19:00 horas.

Ás 11:00 horas terá lugar o IV Torneo de Chave nos Campos do Centro Sur.

Ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne seguida de procesión acompañada polo grupo de música tradicional ‘Os Afoutes do Canón de Pau’.

Pola tarde, ás 19:00 horas dará comezo o baile co Grupo Azabache e a entrega de trofeos.


Está pasando!