III Agarima Fest en Vigo

sáb26set16:00sáb21:30III Agarima Fest en VigoFestival de cinema galego16:00 - 21:30 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

Tras o éxito da súas anteriores edicións, o festival de cine Agarima volve cunha nova entrega o sábado 26 de setembro na Sala Ártika de Vigo. 

Este evento, que naceu co obxectivo de servir de plataforma para cineastas noveis e estudantes de escolas audiovisuais de Galicia, consolídase como un escaparate para o talento emerxente da nosa terra.

Co-fundado por Eva Vaeli e Manu Sacoga e organizado polo colectivos vigueses Nidara Studio, Agarima busca manterse no tempo e converterse nun referente dentro do panorama audiovisual galego.

A última edición celebrouse na Sala Ártika de Vigo con máis de 120 asistentes e acadando repercusión en medios dixitais, o que reflicte o interese e a necesidade de espazos que apoien a creación audiovisual das novas xeracións.

A programación do Festival Agarima 2026 é a seguinte:

16:30hSECCIÓN KALEIDOSCOPIO (NON FICCIÓN)

  • ‘Áncora’ dirixida por Cris Souto
  • ‘O mar é o meu chan’ dirixida por Xoán Vázquez
  • ‘Disolución dun ollar’ dirixida por Javier Darriba
  • ‘Vacas nocturnas no Forgoselo’ dirixida por Gala Rodríguez e Rocío Campoy
  • ‘A Senda da deshabitaxe’ dirixida Candela Conde

18:00hSECCIÓN COMETA (FICCIÓN)

  • ‘No son sus ojos’ dirixida por Varo López e Alejandro G. González
  • ‘Historia dunha bicicleta’ dirixida por Xoán Fernández Diz
  • ‘OCO’ dirixida por Anxo González
  • ‘A miña relación cos bichos’ dirixida por Javier Blanco Armada

20:00hSECCIÓN ASUBÍO (VIDEOCLIP)

  • ‘Réquiem’ dirixida por Nuria Gómez Muiña
  • ‘Lose My Shine’ dirixida por Óscar Silva
  • ‘Cautionary Tale’ dirixida por Claire Pais
  • ‘May You Never Forget Me’ dirixida por Isabella Ferreiro
  • ‘Volar’ dirixida por Pili Mariño e David Arosa

Entradas ancipadas á venda en entradas.artikavigo.com

Hora

(Sábado) 16:00 - 21:30

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!