XII Carreira Pedestre San Brais 2024 | © A.V.C. Salcedo Norte

A XIII Carreira Pedestre San Brais 2025 mantén abertas as inscricións ata as 23:59 horas do domingo 19 de xaneiro

17 Xaneiro 2025

Asociación Veciñal Salcedo Norte e o Concello de Pontevedra organizan a XIII Carreira Pedestre San Brais 2025, que se celebrará o 26 de xaneiro do 2025 a partir das 12:30 horas.

A proba terá unha lonxitude variable en función da categoría. No caso das categorías de menores de idade farano nun circuíto pechado sobre asfalto no parking inferior do Centro Comercial Carrefour. Para os maiores de idade o percorrido será polo parroquia de Salcedo comprendendo tramos de asfalto e tramos de terra. Haberá diversos controis de paso obrigatorios.

A clasificación será por categorías e absoluta, e premiarase como vencedores/as absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación e recibirán tamén o premio da súa categoría particular.

Nas categorías: Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil, recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira, que dará comezo ás 11:15 horas.

O “Trofeo Julian Bernal” será para o corredor e á corredora máis veterano/a en tomar parte nesta edición.



A inscrición para todas as categorías faranse en www.321go.es ata as 23:59 horas do día 19 de xaneiro de 2025. Todas as inscricións son persoais e intransferibles.

recollida de dorsais terá lugar o día 25 de febreiro de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas, no Centro comercial Carrefour (San Brais -Salcedo). Non se entregan dorsais o día da carreira.

As persoas inscritas de fóra da comarca que pidan excepción a [email protected] poderán ser autorizadas expresamente a recoller o dorsal o día da proba.


Está pasando!