Abertas as inscricións para o novo catálogo 2023 de grupos Musigal da provincia de Pontevedra

23 Novembro 2022

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cultura, ven de aprobar un novo catálogo de grupos Musigal da provincia de Pontevedra, no que se poderán inscribir os
grupos e artistas profesionais de música que aborden a dinamización da lingua galega nas súas composicións e interpretacións.

Este novo catálogo substitúe o anterior polo que os grupos e artistas profesionais de música que queiran formar parte do mesmo deberán solicitar a súa inclusión, a través
do formulario habilitado na sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

prazo para presentar as solicitudes é desde o 15 de novembro ata o 1 de decembro.

Bases Oficiais / Web Oficial

Deixamos un resumo dos requisitos solicitados para que teñades en conta para os prazos e a documentación necesaria:

REQUISITOS MUSIGAL 2023

Está pasando!