A sexta edición da Andaina da Lamprea celebrarase o domingo 16 de abril, con degustación de lamprea acompañada de viño das adegas de Arbo

17 Marzo 2023

Para promocionar a LXIII Festa da Lamprea e ir “abrindo boca”, en Arbo, durante as próximas semanas, levarán acabo unha serie de actividades dirixidas tanto aos visitantes como ás veciños.

No marco destas actividades previas á gran cita, que terá lugar a fin de semana do 28, 29 e 30 de abril, Arbo acollerá a sexta edición da tradicional Andaina daLamprea o vindeiro domingo 16 de abril.

Arbo é un lugar ideal para practicar sendeirismo. As paisaxes do Río Miño e Ría Deva son incribles, o verde asoláganos cando camiños por eses carreiros sinalizados –e outros sen sinalizar- e empapámonos de historia. Alí libráronse batallas decisivas na guerra da independencia, quedan pontes e pazos desa época que nos fan retornar ao pasado e podemos beber en fontes de auga potable que nos retrotraen ao que somos nós mesmos, a propia natureza, e a Andaina da Lamprea e o momento perfecto para coñecerlo.



O roteiro, de dificultade media-alta, comezará na Praza do Concello ás 09:30 horas e conta con, aproximadamente, 12 quilómetros de percorrido. Trátase dunha actividade que nos levará pola contorna natural do municipio, na que os camiñantes poderán relaxarse e evadirse contemplando “paisaxes espectaculares”, segundo explican desde a organización. Ademais, o Concello agasallará a todos e todas as participantes cunha degustación de lamprea e viño das adegas do concello de Arbo.

Os interesados en participar deberán inscribirse previamente, antes do 13 de abril, nas oficinas municipais ou a través do correo electrónico arabomuseo@gmail.com o ou a través da sede electrónica.

Será necesario abonar a cantidade de oito euros na conta municipal Es 44 2080 5011 8530 40005379 e presentar a copia de pago no momento da inscrición.

Está pasando!