Continuando coas sesións do Cineclub Valmiñor, o xoves 19 proxectarase ‘O vampiro de Düsseldorf’ de Fritz Lang (1931)

19 Xaneiro 2023

Continuando coas sesións do Cineclub Valmiñor Alice Guy, o xoves 19 de febreiro proxectarase un clásico: ‘O vampiro de Düsseldorf’ de Fritz Lang (1931), película policial alemá, parcialmente inspirada no caso real do asasino serial Peter Kürten, quen matou a varios nenos na cidade de Düsseldorf.

O filme é amplamente considerado como un clásico da cinematografía mundial e unha obra mestra do seu director.

Coma sempre será ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Nigrán, e estará comentada polo profesor Alfonso Castaño.

Entrada libre ata completar cabida.


Está pasando!