Debido á previsión de choiva, o Portonovo Gastronómico 2025 trasládase aos días 9, 10 e 11 de maio

30 Abril 2025

O Portonovo Gastronómico terá lugar os próximos 9, 10 e 11 de maio, con tres días de animación nas rúas e o mellor produto nas cociñas dos locais de hostalería. Un evento que mantén a tradición da Festa da Raia á vez que amplía a súa oferta con tres ingredientes: gastronomía, música e animación nas rúas.

A terceira edición de Portonovo Gastronómico conta coa colaboración de 19 locais de hostalería e a implicación dos colectivos de Portonovo como Ollares, Os Gatiños, Lembranzas, Amigos da Dorna, a Coral Polifónica, Mulleres Rurais, comisión de festas, colectivo de veciños e asociación de xubilados.

Cada local ofrecerá dúas tapas a un prezo de 5 euros que se irán selando e que permitirá a participación nun sorteo de estancias e comidas por valor de 50 euros. O sorteo realizarase o domingo ás 16 horas.


Presentación do III Portonovo Gastronómico | Concello de Sanxenxo

Un programa pensado para gozar toda a familia cun total de 30 horas de actividades e 3 días seguidos con música nas rúas, concertos, animación, exposicións e xogos tradicionais.

Os rostros dos veciños de Portonovo volverán lucir en Rafael Picó cunha gran exposición realizada por Ollares de Portonovo.

programación que pode consultarse aquí, arrincará o venres do 9 de maio e prolongarase ata o domingo 11.

O domingo, 11 de maio, celebrarase a entrega da Raia de Ouro na Casa Mariñeira de Don Fernando. A persoa homenaxeada revelarase nos próximos días. O acto estará dirixido pola presentadora de ‘Hora Galega’ da TVG, Rocío Durán.


Está pasando!