Presentación do II Trofeo Solidario Salvaterra de Miño | © Concello de Salvaterra de Miño

Esta fin de semana o CPA Salvaterra celebra o II Trofeo Solidario Salvaterra de Miño

28 Novembro 2024

Este sábado comeza a II edición do Trofeo Solidario Salvaterra de Miño, organizado polo CPA Salvaterra e coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño e Deporte Galego da Xunta de Galicia.

Máis de 140 patinadores se darán cita no Pavillón Cándido Carrera o sábado e o domingo, onde o denominador común será a solidariedade, coa recollida de alimentos non perecedoiros e productos de hixiene.

O evento estará dividido por seccións e as súas correspondentes entrega de trofeos.

Dende o Concello de Salvaterra de Miño queren transmitir o seus parabéns e gratitude a esta fermosa iniciativa levada a cabo polo CPA Salvaterra, onde poderemos gozar ademais de dúas xornadas espectaculares sobre patíns.


Está pasando!