'Blancanieves' de La Chana nos Domingos do Principal

dom23feb12:00'Blancanieves' de La Chana nos Domingos do PrincipalTeatro para toda a familia12:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O domingo 23 de febreiro, a compañía La Chana Teatro (Salamanca) pechará o ciclo Domingos do Principal coa obra ‘Blancanieves’.

Espectáculo en verso que interpreta o conto dotando de humor e poesía visual e literaria, no que os protagonistas son representados por lámpadas e candelabros. Un auténtico xogo de volumes e tamaños.

  • Premio Max ao Mellor Espectáculo Infantil, Xuvenil ou para Público Familiar 2023
  • Premio do Público ao Mellor Espectáculo Infantil na Feira de Teatro de Castela e León 2020
  • Premio Titirimurcia ao Mellor Espectáculo 2021
  • Premio ao Mellor Espectáculo do Festival Parque de las Marionetas de Zaragoza 2023

Teatro de obxectos

  • Duración: 60 minutos
  • Recomendado partir de 6 anos e público adulto

Dobre función: 12:00 e 18:30 horas.

Entradas a 4 euros e abonos para todo o ciclo a 12 euros á venda en Ataquilla.com. De non esgotarse, as entradas estarán tamén á venda unha hora antes de cada pase na billeteira do Principal.



DOMINGOS DO PRINCIPAL 2025

O ciclo de artes escénicas para público infantil e adulto Domingos do Principal, contará en 2025 con dúas tempadas, xa que tamén terá lugar a habitualmente programada en outono, entre outubro e novembro.

As compañías Roi Borrallas (Galiza/Cataluña), Artika Cía (Galiza), Elefante Elegante (Galiza) e La Chana (Salamanca) achegarán ao Teatro Principal espectáculos de teatro, monicreques, música ou clown.

Será nas xornadas dos domingos 2, 9, 16 e 23 de febreiro con pase dobre ás 12.00 e 18.30 horas.



O ciclo comezará o primeiro domingo de febreiro coa compañía Roi Borrallas: un clown galego asentado en Cataluña que montou a súa propia compañía. Trae un espectáculo delicado, que combina monicreques con traballo de clown e manipulación. É digno de ver non só para público infantil senón par apúblico adulto. Podería ser programado en Ponteatro e tería o mesmo éxito. Acumula unha morea de premios e vai sorprender.

O domingo 9, Domingos do Principal contará coa compañía veciña Artika, de Vigo, que vén cun espectáculo musical e trata o tema da diferencia, do rechazo ao que vén de fóra, etc. Un espectáculo amable, musical e divertido.

O 16 de febreiro chega a tamén galega Elefante Elegante, cun espectáculo plástico, visual, que fai reflexionar sobre a vellez e as situacións que se dan coa xente maior, o esquecemento, a soidade, etc. Traballa con linguaxe xestual que permite que haxa varias lecturas do espectáculo para a cativada e o público adulto.

O último domingo de febreiro, La Chana pechará a tempada de inverno con ‘Blancanievas’. Unha compañía de Salamanca que leva traballando dende o ano 87 e empregan a palabra e os obxectos. Nesta ocasión é unha versión en verso de Blancanieves onde todos os personaxes son lámpadas. É un espectáculo para cativada a partir de 6 anos con moitas chiscadelas para público adulto. Foi gañador do Premio Max no 2023 entre moitos outros recoñecementos.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!