'Café Dorothé', con Sonsoles Penadique en Pontevedra

ven15nov17:30ven18:20'Café Dorothé', con Sonsoles Penadique en Pontevedraapego no outono 202417:30 - 18:20 Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Obradoiro musical para cantar, bailar e xogar coas lindas cancións que con tanto agarimo deixou escritas a musicóloga suíza Dorothé Schubarth durante as súas viaxes polas aldeas galegas.

Sonsoles Penadique propón unha sesión para escoitar, facer e vivir a música en familia e achegarse a estes libros que compoñen a máis extensa e prolixa compilación da música popular galega.

Esta actividade celebrarase o venres 15 de novembro, de 17.30 a 18.20 horas na Cova dos Libros do Pazo da Cultura de Pontevedra. 

Para familias con crianzas de 2 a 6 anos. O acceso é de balde, mais require inscrición previa en apuntate.pontevedra.gal.

As prazas son limitadas. Para sumarse ao programa Apego cómpre solicitar cita a través do formulario do web apego.gal ou no teléfono 986 863 157 do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.


Está pasando!