Concerto da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra

lun02xuñ20:30Concerto da Sociedad Coral Polifónica de PontevedraSociedad Filarmónica de Pontevedra20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O luns 2 de xuño ás 20:30 horas, no Teatro Principal de Pontevedra, a Sociedade Filarmónica de Pontevedra pechará a tempada 2024-2025 cun concerto homenaxe á Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra co gallo do centenario da súa fundación.

Directora: Nannette Sánchez Ordaz

Obras representativas de Polifonía dos séculos XV e XVI, cancións populares galegas harmonizadas por Blanco Porto, Iglesias Vilarelle, Agustín Bertomeu, José A. Sánchez (Pachú) e José Verea, e outras obras contemporáneas de polifonía de Josu Elberdin, Xabier Sarasola ou Giner Vidal, entre outros.

SOCIEDAD CORAL POLIFÓNICA DE PONTEVEDRA

Presentouse publicamente por primeira vez o 9 de abril de 1925 na igrexa conventual de San Francisco, con ocasión da festividade de Xoves Santo. Desde entón, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra leva ofrecidos preto de 700 concertos, moitos deles fóra das nosas fronteiras.

Foi fundada por un grupo de relevantes personalidades entre os cales se atopaban Antón Losada Diéguez, Alfonso Rodríguez Castelao, Antonio Blanco Porto e Antonio Iglesias Vilarelle. Desde a súa fundación dedicouse a interpretar música medieval, polifonía dos séculos XVI e XVII, especialmente sacra e madrigales, e música popular galega harmonizada.

Ao longo dos seus 90 anos de existencia, a Sociedade Coral Polifónica foi dirixida por Antonio Blanco Porto, Antonio Iglesias Vilarelle, Manuel Fernández Cayeiro, Agustín Bertomeu Salazar, José Antonio Sánchez Rodríguez, José Verea Montero, Marlene Armentero Cutiño e, na actualidade, por Nanette Sánchez Ordaz.

Pola súa extraordinaria e dilatado labor de difusión da música polifónica, a coral recibiu numerosos recoñecementos, destacando a Primeira Medalla de Prata da Cidade de Pontevedra e o Premio Ciudad de Pontevedra do ano 2000.

Nanette Sánchez Ordaz (dirección)

Licenciada en Música, na especialidade de Dirección Coral polo Instituto Superior de Arte da Habana (Cuba), Nanette Sánchez estudou coas mestras Alina Pega e Digna Guerra, prestixiosas directoras de coros do seu país.

Durante os anos de estudo cantou no Coro Nacional de Música da Habana, do que foi directora asistente, participando en numerosos concertos, festivais e concursos. Obtivo o Primeiro Premio como directora de coros no Primeiro Concurso de Dirección Coral da Asociación Irmáns Saíz, na Habana.

Xa en Galicia, fundou o Coro do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo, co que se presentou en concertos por toda España, Portugal e Cuba.

Na actualidade, é profesora de Coros e Educación Auditiva e Vogal no Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra. Desde novembro de 2013 dirixe a Sociedade Coral Polifónica.



Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís (6 euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na páxina web www.filarmonicapontevedra.org

Hora

(Luns) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!