Gonzalo Arca | © Jennifer Espiñeira

Concerto de Gonzalo Arca en Vilagarcía

ven04abr21:00Concerto de Gonzalo Arca en Vilagarcía‘Ni el tiempo ni la distancia’21:00 Salón García - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O cantautor Gonzalo Arca vén de publicar o seu novo disco ‘Ni el tiempo ni la distancia’ que presentará en Vilagarcía de Arousa cun concerto no Salón García o venres 4 de abril.

O LP, publicado o 1 de febreiro, está composto por dez temas, todos en castelán, que mesturan pop e o rock en cancións coma ‘Dama de Las Hortensias’, ‘Chulería Tropical’, ‘El Último Tren’, ‘Dispara’ o ‘Jugando a Tu Juego’.



Gonzalo Arca actuará xunto á banda formada polo guitarrista vilagarcián Pablo Pérez, que tamén toca para ‘Loquillo’; o teclista Xabier Viéitez; o baixista Jesús Vidal e o batería Nico Rodríguez.

Será ás 21:00 horas e as entradas xa se poden mercar en Duende, Miúdo, La Bolsa e Chirin-Jito a un prezo de 15 euros (o día da actuación custará 18 euros na billeteira).


Hora

(Venres) 21:00

Localización

Salón García

Rúa do Alcalde Rey Daviña, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!