Concerto de Pancho Varona en Sanxenxo

sáb24mai21:00Concerto de Pancho Varona en Sanxenxoprogramación cultural 'Sanxenxo no foco'21:00 Auditorio Emilia Pardo Bazán - Sanxenxo

Detalles do Evento

O sábado 24 de maio ás 21 horas no Auditorio Emilia Pardo Bazán, Pancho Varona pechará a programación cultural ‘Sanxenxo no foco’.

Guitarrista e compositor español coñecido por acompañar desde principios dos anos 80 ao cantautor Joaquín Sabina.



‘SANXENXO NO FOCO’

O Concello de Sanxenxo estrea unha nova programación cultural ‘Sanxenxo no foco’ no Auditorio Emilia Pardo Bazán.

O obxectivo é ofrecer unha proposta enriquecedora e accesible para todos os públicos, a través de eventos artísticos de calidade que inclúan música, teatro, danza, cinema e actividades educativas.

A programación irase dando coñecer trimestralmente e arrincará o domingo 16 de marzo, ás 17:30 horas coa obra musical infantil e familiar, ‘Os tres porquiños’, incluída dentro do Circuito +Escénicas da Deputación de Pontevedra.

29 de marzo, ás 17:30 horas, O Mago Paco toma a substitución coa súa obra musical e infantil. O mago Paco encarna a figura de presentador do prestixioso programa ‘Xoga e Maxia’ onde a través de probas, os participantes competirán para levar ás súas casas algún agasallo. Realidade ou ficción?

Sonsgalia ofrecerá un concerto o 13 abril ás 18 horas con versións de música celta, bandas sonoras, pop, rock e jazz. Sutileza nos arranxos, virtuosismo na interpretación e unha coidada estética son os seus sinais de identidade.

25 de abril, ás 21 horas, o actor Xosé A. Touriñán, presentará en Sanxenxo o seu monólogo ‘Aquí tou!’. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida.

10 de maio, ás 18 horas, será a quenda de ‘Os contos de Lobicán’, unha obra de teatro adaptación do libro do mesmo título escrito pola veciña de Sanxenxo Eva Mejuto, gañadora do XV Premio Barriga Verde 2002.

O 24 de maio, o Auditorio acollerá un concerto de Pancho Varona, ás 21 horas. Guitarrista e compositor español coñecido por acompañan desde principios dos anos 80 ao cantautor Joaquín Sabina.


Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Auditorio Emilia Pardo Bazán

Rúa Miraflores, 3 - 36960 Sanxenxo

Está pasando!