Visita ás adegas do II Encontro do Viño Colleiteiro de Soutomaior

ven29mai18:00ven22:00Visita ás adegas do II Encontro do Viño Colleiteiro de SoutomaiorUnha experiencia con 8 paradas18:00 - 22:00 Concello de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

A segunda edición do Encontro do Viño Colleiteiro de Soutomaior desenvolverase os días 30 e 31 de maio no Campo da Festa de San Benito de Romariz, un evento no que este ano se unen dous novos colleiteiros sumando así un total de 12 participantes.

O principal obxectivo deste encontro é, da man dos colleiteiros e das colleiteiras de Soutomaior, poñer no lugar que se merece unha tradición como é a tradición de colleiteiros e viticultura de Soutomaior.

Unha cita na que participarán 12 colleiteiros/as do municipio: Furancho Linchú (Vela), Furancho do Pazo María & Conrado (Comboa), Adega – Furancho do Músico (O Sobral), María Sobral (Romariz), Albariño da Baralla (O Val), A Casa de Lisa (O Sobral), Irmáns Lorenzo (O Sobral), Furancho O Maroco (Alxán), Aires de Verdugo (O Rial), A Peroxa (O Rial), Eido de Lombeira (O Rial) e Albariño do Rodeiro (Comboa).

PROGRAMACIÓN DO II ENCONTRO DO VIÑO COLLEITEIRO

A xornada previa, o 29 de maio, está organizada unha actividade moi especial, a visita ás 12 adegas que participan neste encontro. Unha actividade que se desenvolverá de 18:00 a 19:00 horas e onde a veciñanza terá a oportunidade de 8 paradas para coñecer o territorio onde de produce o viño. Unha actividade de balde, con prazas limitadas (28), dirixida a público adulto (+18 anos). O punto de encontro do microbús na Casa do Concello de Soutomaior.

Xa, na fin de semana, este encontro do viño colleiteiro contará cos dous días de celebración. O sábado, 30 de maio, as casetas abriranse de 12:00 a 22:30 horas. Haberá espazo gastro-bar en horario de 12:30 a 16:00 horas e de 20:00 a 22:30 horas neste espazo haberá polbo, petiscos, churrasco e ostras e servizo de bar con refrescos.

Ao longo da xornada haberá moitas actividades entre elas a actuación musical con Francisco Castro e Valerio Araújo o sábado ás 13:00 horas.

Xa pola tarde ás 19:00 horas terá lugar a mesa coloquio ‘O Viño, patrimonio cultural’, da que formarán parte Iria Otero Mazoy, especializada na produción de viños en pequenas cantidades e María José Zafra González, docente no CIFP A Granxa no Módulo Profesional de cata no Grao Superior de Vitivinicultura.

De 19:30 a 20:30 horas terá lugar unha nova actividade, ‘5MinutosDeViñoDeSoutomaior’, onde os colleiteiros/as presentarán o seu viño e participamos na cata rápida do 5 segundos: ver, Remover, Cheirar, Sorber e Saborear. Ás 20:30 horas chegará o directo de Bafana Bafana.

Xa na xornada do domingo 31 as casetas permanecerán abertas en horario de 11:00 a 16:00 horas. O espazo gastro-bar de 12:30 a 16:00 horas. e Ás 12:30 horas terá lugar a cita musical con Madalena Gamalha.

A entrega de distincións e acto de peche terá lugar ás 13:30 horas, un evento que rematará coa música en direnco de Linchú.

Hora

(Venres) 18:00 - 22:00

Localización

Concello de Soutomaior

Soutomaior

Está pasando!