Concerto de Shinova en Pontevedra

xov15ago22:30Concerto de Shinova en Pontevedrafestas da peregrina 202422:30 Praza de España - Pontevedra

Detalles do Evento

O grupo de indie e rock vizcaino Shinova acturá nas Festas da Peregrina o xoves 15 de agosto. O concerto, con entrada gratuíta, dará comezo ás 22:30 horas na Praza de España.

Despois do seu paso polo festival PortAmérica, chegan a Pontevedra para presentar o seu último disco, ‘El Presente’ (2024), repleto de cancións potentes e melódicas, cun son redondo e cheo de forza.

Unha excelente oportunidade para ver e escoitar a este quinteto que sempre o dá todo no escenario, que ten un grandísimo directo e que é capaz de xerar unha enerxía contaxiosa que envolve a todo o público.


Hora

(Xoves) 22:30

Localización

Praza de España

Praza de España, 1 36002 Pontevedra

Está pasando!