Concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en Pontevedra

sáb10mai21:30Concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en Pontevedraciclo resoan 202521:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O ciclo de concertos Resoan trae a Pontevedra a Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. Será o sábado 10 de maio, ás 21:30 horas, no Teatro Principal.

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre pecharon o 2024 cunha inmensa satisfacción despois de moitos meses de traballo para chegar a cantos lugares foi posible e presentar o seu último disco, ‘Axúdame a sentir’, o cuarto da súa carreira en conxunto.



Con máis de 40 concertos en toda España, a reposta do público non puido ser máis positiva, colgando o cartel de entradas esgotadas en moitas das cidades e enchendo de música e baile os torreiros e prazas da xeografía galega e do noroeste penínsular.

Neste 2025, un ano tan especial para as nosas Letras Galegas coa merecida homenaxe ás cantareiras e á poesía popular, o grupo continúa traballando na recuperación e dignificación da música tradicional transmitida polas mulleres das aldeas do país.

Entradas anticipadas a la venta desde 20,90 euros en Ataquilla.com



RESOAN

Este concerto forma parte da programación do ciclo Resoan, promovido desde o Concello de Pontevedra, e que traerá ata Pontevedra as actuacións de Kiki Morente, Rodrigo Cuevas, A Banda da Loba, Rodrigo Cuevas, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre; e Abraham Cupeiro.

Hora

(Sábado) 21:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!