'Danza 3' con Cantigas e Agarimos en Marín

dom14xul21:00'Danza 3' con Cantigas e Agarimos en Marínespectáculo de música e baile tradicional21:00 Alameda de Marín - Marín

Detalles do Evento

A agrupación de danza e música tradicional Cantigas e Agarimos sae ao encontro do público na Alameda de Marín o domingo 14 de xullo, para ofrecer un repertorio de pezas de danza galega recollidas en distintos lugares de Galicia e interpretadas polo seu grupo de bailadoras e bailadores.

A actuación enmárcase dentro da 12ª edición de Danza 3, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.



Esta nova edición percorrerá 18 localidades galegas ata o mes de setembro con outras tantas actuacións que, na maior parte dos casos, terán lugar ao aire libre para compartir coa cidadanía unha mostra do amplo repertorio das tres agrupacións participantes. A través desta colaboración, a Xunta recoñece o labor cotián deste colectivo a favor da investigación, recuperación, formación e difusión do folclore galego como parte indispensable do noso patrimonio inmaterial.

Hora

(Domingo) 21:00

Localización

Alameda de Marín

Alameda Rosalía de Castro, 36900 Marín

Está pasando!