'Danza 3' con O Fiadeiro en Vilanova de Arousa

dom04ago20:00'Danza 3' con O Fiadeiro en Vilanova de Arousaespectáculo de música e baile tradicional20:00 Xardín Umbrío - Vilanova de Arousa

Detalles do Evento

A agrupación de danza e música tradicional O Fiadeiro sae ao encontro do público no Xardín Umbrío de Vilanova de Arousa, para ofrecer un repertorio de pezas de danza galega recollidas en distintos lugares de Galicia e interpretadas polo seu grupo de bailadoras e bailadores.

A actuación enmárcase dentro da 12ª edición de Danza 3, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.



Esta nova edición percorrerá 18 localidades galegas ata o mes de setembro con outras tantas actuacións que, na maior parte dos casos, terán lugar ao aire libre para compartir coa cidadanía unha mostra do amplo repertorio das tres agrupacións participantes. A través desta colaboración, a Xunta recoñece o labor cotián deste colectivo a favor da investigación, recuperación, formación e difusión do folclore galego como parte indispensable do noso patrimonio inmaterial.

Hora

(Domingo) 20:00

Localización

Xardín Umbrío

Avenida González Besada, 36620 Vilanova de Arousa

Está pasando!