Entroido Baiona 2025

sáb15feb17:00Entroido Baiona 2025Desfile de Comparsas e Enterro da Sardiña17:00 Concello de Baiona - Baiona

Detalles do Evento

Concello de Baiona, a través da concellería de Festexos, adianta novamente o Concurso de Comparsas de Entroido no municipio, xa que volve coincidir coas datas de celebración da Festa da Arribada, estando previsto o concurso para o sábado 15 de febreiro.

desfile de comparsas partirá, como vén sendo habitual, desde a Avda. Urbana de Sabarís ás 17:00 horas en dirección ao centro da vila onde reamatará no paseo Ribeira, e acto seguido, terá lugar o popular Enterro da Sardiña, que será amenizado pola Charanga Os Jaláticos.

As bases do concurso establecen un límite máximo de participantes de 20 comparsas, que deberán estar integradas por un mínimo de 12 compoñentes, podendo optar aos seguintes premios:

  • 1º Premio: 900 euros
  • 2º Premio: 650 euros
  • 3º Premio: 500 euros
  • 4º Premio: 400 euros
  • 5º Premio: 300 euros



As demais comparsas participantes que non consigan premio, optarán ás seguintes axudas en función do seu número de compoñentes:

  • De 81 a 100 compoñentes, 300 euros.
  • De 61 a 80 compoñentes, 250 euros.
  • De 41 a 60 compoñentes, 200 euros.
  • De 21 a 40 compoñentes, 150 euros.
  • De 12 a 20 compoñentes, 100 euros.

O prazo de presentación de solicitudes, aínda non está aberto, estando previsto que o faga, nos próximos días, unha vez publíquese o extracto da convocatoria no BOP da Provincia de Pontevedra, vía BDNS.

Hora

(Sábado) 17:00

Localización

Concello de Baiona

Está pasando!